OBRADOIROS DE VERÁN
|
Este proxecto nace coa finalidade de ofertar unha actividade lúdico-educativa para que os máis pequenos se acheguen á música dunha maneira activa. Ao mesmo tempo, preténdese dar a coñecer o labor que desenvolve a A.C.M. Sementera durante todo o curso académico.
O que se busca é que tódolos participantes gocen desta iniciativa, interrelacionando os distintos campos de traballo do estudo musical: ensinanza e práctica vocal, expresión corporal, educación rítmica e auditiva... Ademais, divertiránse construíndo decorados, confeccionando o vestiario e facendo novos amigos cos que traballarán en grupo para crear desde cero a actuación de peche do obradoiro. Obradoiros musicais realizados ata agora:
|
Os educadores encargados desta actividade son integrantes da A.C.M. Sementeira e membros da Xove Banda da Narón. Todos eles ligados profesionalmente á educación e práctica musical.
No verán de 2018 o VII Obradoiro Musical terá como eixo a Movida Madrileña, concretamente a bautizada como Operación Loquillo. Todos os temas serán adaptados e arranxados por membros e profesores da Asociación.