A Xunta Directiva da Asociación Cultural Musical Sementeira quere poñer no voso coñecemento que entre os días 15 e 26 de setembro queda aberto o prazo de matrícula para as nosas escolas co seguinte horario. Lugar: Pazo da Cultura, Rúa Holanda s/n Data: Do 15 ao 26 de setembro, en horario de 11 a 13 e de 17 a 19 horas, agás o sábado 20 que só será en horario de mañá. Prezos de Matrícula:
- O impreso de matrícula pódese descargar no enlace que aparece o final desta entrada ou no apartado Apúntate. Tamén estará dispoñible no Pazo da Cultura. O día e a hora de elección de horarios de instrumentos será o 27 de setembro as 12 horas. O sistema é o mesmo de anos anteriores. Celebrado o sorteo o día 6 de setembro nunha reunión da directiva da asociación, a letra pola que se empezará a elixir o instrumento será o Y. O curso dará comezo o 1 de outubro. Todos/as aqueles/as rapaces/as que teñan instrumentos prestados pola Asociación terán que devolvelos o día da matrícula. É importante recordar que todo o alumnado ten a obriga de participar na banda cando o profesorado e directores o consideren. Sen outro particular, despídese atentamente. A Xunta Directiva ![]()
0 Comentarios
Dejar una respuesta. |