O vindeiro 5 de abril, no Pazo da Cultura de Narón (Café Teatro), celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria de Socios/as, en primeira convocatoria ás dez e ás dez e media en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do Día:
Rematada a Asemblea Xeral Ordinaria, terá lugar unha Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección dunha nova Xunta Directiva. A continuación, achegamos o calendario electoral.
As normas que regulan estatutariamente o proceso electoral están á vosa disposición nos locais da asociación.
0 Comentarios
A Xove Banda de Narón chegou recentemente a un acordo para participar de novo este ano 2025 nas procesións da Semana Santa Ferrolá, declarada de interese turístico internacional. Como vén sendo habitual, nesta ocasión continuamos acompañando algúns dos desfiles procesionais máis importantes da semana da man da Confradía do Cristo da Misericordia e a Virxe das Dores.
O último mes do 2024 estivo marcado pola celebración das audicións de Nadal na escola de música, a entrevista aos nosos directores que se publicou no Diario de Ferrol e o Concerto de Fin de Ano.
O 27 de decembro tivo lugar o tradicional Concerto de Fin de Ano, que contou coa colaboración da Escola de Actores e Actrices do Concello de Narón e dun coro participativo formado por alumnado do CEIP "A Solaina", alumnado e familias da nosa escola de música así como con dúas parellas de baile do Grupo de baile "Alxibeira" do Padroado da Cultura do Concello de Narón.
|