Decidirase o día e horario de harmonía ó comezo do curso, ofertarase a materia no caso de haber número suficiente de alumnado.
Os días de instrumento están suxeitos a cambios previo aviso do profesor correspondente. Os horarios das materias teóricas grupais non se verán modificados unha vez establecidos ao comezo do curso.
Os grupos das materias grupais (música e movemento, linguaxe, etc.) poderían verse desdobrados ou modificados no caso de que o número de alumnado fose elevado. Comunicarase esta circunstancia ao comezo do curso, antes da elección de horario de instrumento.