ESCOLA DE MÚSICA DA ASOCIACIÓN
A Escola de Música é unha escola de formación musical vinculada ás Bandas da Asociación. Nelas admítense a tódolos interesados e interesadas pola música, independientemente da idade e dos seus coñecementos musicais: pequenos, maiores, alumnado de Conservatorio… Cando os docentes e directores o consideran oportuno o alumnado da escola incorporaranse á banda, ben sexa á Banda Infantil ou ben á Xove Banda de Narón.
A nosa oferta educativa ten un primeiro nivel dividido en dous cursos para os máis pequenos:
Procúrase un primeiro contacto pracenteiro coa música, ó tempo que se vai familiarizando ós alumnos cos conceptos básicos e esenciais da música.
Para nenos de 8 anos ou máis ofértanse clases de Linguaxe Musical, dende 1º ata 6º. Tamén se fai un grupo de clases de linguaxe musical para adultos. O alumnado pode acceder a clases de instrumento dende que cursan Iniciación a Linguaxe Musical.
Recentemente incorporáronse as disciplinas complementarias de: Harmonía, Producción Musical, Combo de Adultos, e neste curso 2024/2025 a Big Band.
Ofértanse clases individuais e personalizadas de óboe, frauta, clarinete, requinto, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, violonchelo, contrabaixo e Piano Complementario
A Asociación dispón de instrumentos para que se inicien os nenos e nenas e o seu préstamo é gratuito.

- Música e movemento, para nenos e nenas de 3, 4, 5 e 6 anos.
- Iniciación á linguaxe musical, para nenos e nenas de 7 anos.