ACM SEMENTEIRA DE NARÓN
  • Inicio
  • Escola de Música Sementeira
    • Escola de Música Sementeira Curso 2022-2023
    • Preguntas habituais
  • Banda de música
    • Banda Infantil
    • Xove Banda de Narón >
      • Director
      • Curriculum
    • A Banda do Garaxe
    • Discografía
    • Encontro de bandas
    • Vídeos
  • Obradoiros de verán
    • II Obradoiro - 2012
    • III Obradoiro - 2013
    • IV Obradoiro - 2014
    • V Obradoiro - 2016
    • VI Obradoiro - 2017
    • VII Obradoiro - 2018
    • VIII Obradoiro - 2019
  • Blog
  • English
  • Contacto
  • Protección de datos
Imagen
Francisco San Ramón Calvo.
Natural de Llombai (Valencia). Comeza os estudios musicais da man do seu pai á idade de oito anos na Sociedade Musical do seu pobo, da que é profesor de Clarinete e director en varias ocasións.
Estudia nos Conservatorios: Superior de Valencia, Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e Conservatorio Superior de A Coruña. Obtén o Título de Profesor na especialidade de Clarinete polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e o de Profesor Superior por el Conservatorio Estatal Superior de A Coruña. No ano 1983 accede á Escala Básica do Corpo de Músicas Militares da que actualmente esta en Excedencia Voluntaria. É poseedor de A Cruz do Mérito Naval con Distintivo Branco. Actúa coa banda de Música da AGRUMAD nos actos conmemorativos do L Aniversario da OTAN desenvoltos en Bruselas e tamén no Auditorio Nacional con motivo da Conmemoración da Festa Nacional do ano 2000 en compañía da Banda Central das FAS Húngaras.
Foi creador e impulsor do Grupo de Cámara de Ferrol participando nos Concertos Pedagóxicos para escolares “Venres Musicais” que puxo en escena as representacións do “Museo dos Instrumentos”, “Pedro e o Lobo” e “Mozart” no aniversario da súa morte, actuando en varias cidades galegas. Fundador e compoñente de Cuarteto de Clarinetes Mare Nostrum de Ferrol e do Quinteto de Vento Cidade de Ferrol, que actuou por toda a xeografía galega nos Circuítos Culturais da Excma. Deputación de A Coruña e a Xunta de Galicia.
Como docente exercitou como profesor na escola de Música do Liceo Rubia Barcia de Ferrol, no Padroado de Cultura do Concello de Narón, na escola de Música Charamela de Pontedeume, na Escola de Música de Ribadeo, na escola de Música da Asociación Cultural Sementeira de Narón, e no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol, onde imparte clases de Clarinete e Informática Musical.
Dirixiu a banda de Música da Escola de Música Charamela de Pontedeume, e na actualidade é director da Banda Infantil Sementeira e da Xoven Banda de Narón.
Realizou Cursos e Master Class de varias especialidades:
Clarinete con: Vicente Peñarrocha, Andrew Mariner, Michel Arrignon, Jejuda Gilad, Enrique Pérez Piquer, Carlos Casadó, Guy Deplús., Venancio Rius.
Dirección de Banda e orquestra con Manuel Hernandez Siva.
Técnica Alexander con Rafael García.
Ten feito o Curso de Adaptación Pedagóxica pola Universidade de Santiago de Compostela.
Tamén cursos de:
Pedagogía, Música Activa, Música nas Aulas, ¿Quen leva a batuta na educación musical?, Audicións Activas con Fernando Palacios.
Ten publicado conxuntamente na revista IDEA do CEFOCOP de Ferrol, un traballo sobre As Audicións para a educación Secundaria.
Asistiu a talleres de Informática Musical na Universidade Politécnica de Cartagena e a cursos de secuenciadotes é editores de partituras.
Ven actuado de poñente en varios cursos de informática musical para docentes organizados polo CEFORE de Ferrol.

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Escola de Música Sementeira
    • Escola de Música Sementeira Curso 2022-2023
    • Preguntas habituais
  • Banda de música
    • Banda Infantil
    • Xove Banda de Narón >
      • Director
      • Curriculum
    • A Banda do Garaxe
    • Discografía
    • Encontro de bandas
    • Vídeos
  • Obradoiros de verán
    • II Obradoiro - 2012
    • III Obradoiro - 2013
    • IV Obradoiro - 2014
    • V Obradoiro - 2016
    • VI Obradoiro - 2017
    • VII Obradoiro - 2018
    • VIII Obradoiro - 2019
  • Blog
  • English
  • Contacto
  • Protección de datos