Deixade limpa a axenda porque nos próximos meses temos un programa apretado!
O alumnado da Escola de música Sementeira son os primeiros concertos deste ano. Temos as audicións do 2º trimestre da Escola! Os días son: - Xoves, 22 de febreiro: 17:30 - Venres, 23 de febreiro: 16:00 A Banda do Garaxe actuará o próximo venres 02 de marzo na inauguración dun novo local en Pedroso, e o 14 de abril nun concerto benéfico no Casino de Perlío. A Banda Infantil estará o día 23 de marzo co coro de Telleiras no Pazo da Cultura en Narón. E por último, poderedes ver á Xove Banda de Narón en concerto nos días: - 25 de febreiro no teatro Jofre en Ferrol, no encontro de Bandas de Semana Santa. - 21 de abril no Encontro de Bandas de Música de Valga - 13 de maio no Encontro de Bandas de Música no que será a anfitrioa, no Pazo da Cultura. Ademais, a Xove Banda de Narón participará na Semana Santa de Ferrol e Viveiro nos seguintes días: - Noite do 28 de marzo: Procesión na Semana Santa de Ferrol - Noite do 29 de marzo: Procesión na Semana Santa de Viveiro - Tarde do 30 de marzo: Procesión na Semana Santa de Ferrol
0 Comentarios
Trala nosa actuación no Luar con Karina ;) no mes de outubro a Banda do Garaxe estará na Fashion Night de Ferrol, organizada polo colectivo de comerciantes do Barrio da Magdalena de Ferrol, o día 13 na Rúa Real, ás 20:30, cerca de Amboage, entre os comercios Calzados Ricardo e Neobel!
Tamén queremos invitarvos ó concerto de peche de temporada da Banda do Garaxe o día 20 no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, os nosos rapaces darán un concerto antes de comezar os ensaios do curso 2017-2018. Estades convidados! No mes de Setembro ábrese o prazo de Matrículas! Estamos no Pazo da Cultura de 17h a 19h entre os días 11 e 22 de setembro, e os sábados pola mañá.
Xa comezamos coa tempada escolar a mañá do día 14 no CEIP Pazos en Ferrol, cunha actuación de A Banda do Garaxe. O sábado 16 de setembro esperámosvos na actuación da Banda Infantil e a Banda do Garaxe no Centro Comercial Odeón de Narón ás 19h! O día 29 de setembro na TVG teremos unha actuación na apertura do programa Luar
Durante os meses de Marzo, Abril e Maio deste ano a Xove Banda de Narón participará nas seguintes actividades, nas que estades invitados a participar:
O noso tradicional concerto de Despedida do Ano celebrarase o día 30 de Decembro ás 20:00. A Banda Infantil e a Xove Banda teñen preparado un programa especial para este día, cheo de música e enerxía!
As invitacións poden retirarse na billeteira do Pazo entre as 10:30 e as 14:00 e as 18:00 e as 19:30 de Luns a Venres; e entre as 10:00 e as 13:00, e as 17:00 e as 20:00 os sábados. Tódolos socios poden recoller dúas entradas gratuitas, os alumnos da escola unha, e o prezo xeral para o público é de 2€. Esperamos vervos!
Comeza o curso e a Escola volve a poñerse en marcha. Nesta entrada resumiremos os detalles da Inscripción e Matrícula neste curso. Prazo de Matrícula - Do 12 ó 24 de Setembro do 2016, ambos inclusive. - Lugar de inscripción: oficina da A.C.M. Sementeira de Narón - Pazo da Cultura de Narón, 2º andar - Horario: de Luns a Venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00, Sábados de 11:00 a 13:00. Poden solicitar unha cita fóra desde horario ou máis información no teléfono 699 458 267. Oferta de materias da Escola Música e Movemento: nados no 2010 e 2011 Iniciación á Linguaxe Musical: nados no 2009 Linguaxe Musical: nados do 2008 e anos anteriores Linguaxe Musical para adultos Coro infantil (como actividade complementaria á Linguaxe Musical) Harmonía Especialidade de instrumentos frauta traveseira, óboe, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violonchelo, contrabaixo e percusión Os prezos veñen especificados no tríptico que acompaña esta entrada. A cota de socio anual é de 25€. Comienza el curso y la Escuela Sementeira vuelve a ponerse en marcha. En esta entrada del blog encontrarán un resumen de los detalles de la Inscripción y matrícula de este curso. Plazo de Matrícula - Del 12 al 24 de Septiembre de 2016, ambos inclusive. - Lugar de inscripción: de Lunes a Viernes, de 11:00 a 13:00 y de 17:00 y 19:00, Sábados de 11:00 a 13:00. Pueden solicitar más información o una cita fuera de este horario en el teléfono de contacto 699 458 267 Oferta de materias de la Escuela Música y Movimiento: nacidos en los años 2010 y 2011. Iniciación al Lenguaje Musical: nacidos en el año 2009. Lenguaje musical: nacidos en el año 2008 y anteriores. Lenguaje musical para adultos. Coro Infantil (complemento optativo a Lenguaje Musical) Armonía Especialidad de instrumentos Flauta travesera, oboe, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violonchelo, contrabajo y percusión. Los precios vienen especificados en el tríptico que acompaña esa entrada. La cuota anual de socio es de 25€. ![]()
Nesta última semana de clases do 2015, os nenos e nenas da nosa escola de música farán as primeiras audicións deste curso. Terán lugar o mércores, xoves e venres na sala de ensaios da banda (2º andar do Pazo da Cultura de Narón).
|