ACM SEMENTEIRA DE NARÓN
  • Inicio
  • Escola de Música Sementeira
    • Escola de Música Sementeira Curso 2022-2023
    • Preguntas habituais
  • Banda de música
    • Banda Infantil
    • Xove Banda de Narón >
      • Director
      • Curriculum
    • A Banda do Garaxe
    • Discografía
    • Encontro de bandas
    • Vídeos
  • Obradoiros de verán
    • II Obradoiro - 2012
    • III Obradoiro - 2013
    • IV Obradoiro - 2014
    • V Obradoiro - 2016
    • VI Obradoiro - 2017
    • VII Obradoiro - 2018
    • VIII Obradoiro - 2019
  • Blog
  • English
  • Contacto
  • Protección de datos

Banda Infantil

Imagen
I Encontro de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia - Betanzos, Setembro 2016
Imagen
II Festival de Bandas Xuvenís de Galicia - Cidade da Cultura Santiago de Compostela, Xullo 2017
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen

Reportaxe da Voz de Galicia, edición Santiago, do 10 de xullo do 2017.
Pequena Agrupación bandística composta polos alumnos e alumnas pertencentes á escola de música da A.C.M. "Sementeira" de Narón. É o primeiro paso musical polo que deben pasar os alumnos da escola antes de se integrar na Xove Banda de Narón. A Banda Infantil trata de espertar o interese dos nenos pola música en conxunto, por iso os programas que interpretan son especialmente deseñados con temas musicais coñecidos e agradábeis de tocar en grupo.

Xorde no outono de 1995 froito da inquedanza que ten esta asociación cultural de ofrecer aos seus alumnos unha maior calidade na súa formación músico-instrumental. Así, con este proxecto, os alumnos e alumnas que adquiren un certo nivel elemental nas escolas teñen a posibilidade de facer música en conxunto, e desta forma experimentar por sí mesmos o pracer de comunicar e comunicarse dentro dun discurso musical educativo cos seus propios compañeiros de estudo.

Nunha primeira etapa foi dirixida polo titular da Xove Banda de Narón, Francisco San Ramón Calvo. Na actualidade afronta unha nova etapa baixo a batuta do mestre Eusebio López Egea.

En xullo de 2016 e en xullo do 2017, participan no I e no II Festival de Bandas Infantís de Galicia, respectivamente, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, recibindo a felicitación de Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Imagen
Concerto no Centro Comercial Odeón - Narón, Setembro 2017
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Escola de Música Sementeira
    • Escola de Música Sementeira Curso 2022-2023
    • Preguntas habituais
  • Banda de música
    • Banda Infantil
    • Xove Banda de Narón >
      • Director
      • Curriculum
    • A Banda do Garaxe
    • Discografía
    • Encontro de bandas
    • Vídeos
  • Obradoiros de verán
    • II Obradoiro - 2012
    • III Obradoiro - 2013
    • IV Obradoiro - 2014
    • V Obradoiro - 2016
    • VI Obradoiro - 2017
    • VII Obradoiro - 2018
    • VIII Obradoiro - 2019
  • Blog
  • English
  • Contacto
  • Protección de datos