Banda Infantil SEMENTEIRA
A Banda Infantil Sementeira é unha pequena agrupación bandística composta polos alumnos e alumnas pertencentes á escola de música da A.C.M. "Sementeira" de Narón. É o primeiro paso musical polo que deben pasar os alumnos da escola antes de se integrar na Xove Banda de Narón. A Banda Infantil trata de espertar o interese dos nenos pola música en conxunto, por iso os programas que interpretan son especialmente deseñados con temas musicais coñecidos e agradábeis de tocar en grupo.
Xorde no outono de 1995 froito da inquedanza que ten esta asociación cultural de ofrecer aos seus alumnos unha maior calidade na súa formación músico-instrumental. Así, con este proxecto, os alumnos e alumnas que adquiren un certo nivel elemental nas escolas teñen a posibilidade de facer música en conxunto, e desta forma experimentar por sí mesmos o pracer de comunicar e comunicarse dentro dun discurso musical educativo cos seus propios compañeiros de estudo. No ano 2002 a Banda Infantil foi finalista autonómica nos premios "Veo Veo". Participa dende a súa creación en xullo de 2016 nos Festivais de Bandas Infantís de Galicia, celebrados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. En outubro de 2023 acadou o primeiro premio na Sección Xuvenil do XVI Certame Galego de Bandas de Música. Na actualidade a actividade formativa desta agrupación desenrólase baixo a dirección de Alejandra Medín Doce. |