A Banda do Garaxe
|
En Novembro do 2016, a Asociación decide poñer en marcha un novo proxecto musical, a Banda do Garaxe.
A Banda do Garaxe ten como obxectivo participar en salas pequenas e outros eventos nos que as Bandas da Asociación, polo amplo número de músicos, non podían actuar. A Banda do Garaxe está formada por doce músicos da comarca que participan nas outras Bandas da Asociación e o seu repertorio está baseado en arranxos de música moderna e festiva. A súa música e nome proceden da corrente estadounidense Garage Rock, surxida nos anos 60, na que grupos de adolescentes reuníanse en garaxes para ensaiar e poñían na súa música a paixón e enerxía xuvenil que moitos consideraban o auténtico espírito do rock. A súa estrea foi o 07 de abril no Café Teatro do Pazo da Cultura, con música de Adele, Blues Brothers, Raphael, Abba, Bonney M., The Lucky Chops, e varias pezas de rock español. Tamén tiveron actuacións de éxito na Fashion Night de Ferrol, no Pantín Classic de Valdoviño e varias actuacións pola comarca. |